RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Valioso empate do Xuvenil A en o difícil campo do Atlético Perines

O Xuvenil A rabuñou un valioso punto (1-1) no difícil campo do Atlético Perines, en partido correspondente á 3ª xornada na segunda fase da División de Honra, grupo 1C.

A sensación coa que regresou á Coruña o equipo deportivista foi agridoce, posto que Noel, desde o punto de penalti, puxo en vantaxe aos pupilos de Óscar Gilsanz na primeira parte. Mágoa que os cántabros, que a pasada semana arrincaron un punto na súa visita ao RC Celta, foron capaces de empatar mediada a segunda metade.

Con este resultado e a derrota do RC Celta en Santander ante o Real Racing Club (3-1), o Xuvenil A mantense no liderado con 50 puntos por 47 os célticos, segundos na clasificación.

Xuvenil A: Ríos, Quique Teijo, Trilli, Nico, Dani Barcia, Brais, Víctor, Mario, Noel, Nájera e Mella. Tamén xogaron: Do Carmo, Padín e Mauro.

A fin de semana do 15 ou 16 de maio, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Real Racing Club de Santander.

Os resultados do Xuvenil A en esta segunda fase son os seguintes:

CD Marina Sport 2 - Xuvenil A 2 (Noel -2-)
Xuvenil A 6 (Nájera -3-, Quique Teijo, Mella e Noel) - Club Bansander 0
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 1 (Noel)