RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Valioso triunfo do Infantil B pola mínima nun igualado partido ante o Oza Juvenil A

O Infantil B logrou un valioso triunfo na súa visita ao Oza Juvenil SD A (0-1), en partido correspondente á 4ª xornada na Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.

Murilo foi o autor do único tanto, ao cabo definitivo, dun partido moi igualado e con ocasións para os dous equipos.

Con este resultado, o Infantil B colle vantaxe no liderado do subgrupo ao sumar 12 puntos de 12 posibles. O Oza Juvenil SD A queda segundo na táboa con 6 puntos pero un partido menos que os branquiazuis.

Infantil B: Joel Liste, Iván, Nico, Samuel, Alexandre Avilez, Carlos, Murilo, Lucas, Anxo, Íker Gil e Rodrigo. Tamén xogaron: Joel Fornís, Mauro, Paulo e Íker Rozada.

A próxima semana toca descanso para o conxunto que dirixe Alberto Bonigno.

Os resultados do Infantil B neste grupo son os seguintes:

Infantil B 12 (Paulo -3-, Íker Gil -2-, Anxo -2-, Mauro, Trigo -2-, Lucas e Joaquín) - Sporting Coruñés SD A 0
CD Calasanz B 1 - Infantil B 4 (Paulo -3- e Yago Trigo)
Infantil B 4 (Rodrigo, Murilo e Íker Gil -2-) - Ural Español CF B 1
Oza Juvenil SD A 0 - Infantil B 1 (Murilo)