Vaz mantén as dúbidas ao redor de Ramón I e Donowa
Rodríguez Vaz mantén as dúbidas ao redor de Ramón I e Donowa para o partido de mañá contra o Castelló. En calquera caso, os dous homes experimentaron melloría nas últimas horas. Onte houbo baño e masaxe para a maioría dos branquiazuis.
Os porteiros Fernando e Marcos tiveron traballo especial. O primeiro fará a súa presentación ante o público de Riazor en partido de Segunda División. O probable é que o Deportivo forme con Fernando, Óscar, Blesa, Portela, Modesto, Cayetano, José Ramón, Ramón I, Fontana, Vicente ou Donowa e Traba.
Terminado o ensaio de onte, Vaz trasladouse á residencia sanitaria Juan Canalejo para visitar a Eusebio Ríos, que segue na UVI. Vaz puido falar co exentrenador deportivista a través do teléfono. Ríos manifestou atoparse moito mellor. A Vaz acompañoulle Carlos Ballesta, técnico do Fabril...