RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Veño cun obxectivo claro, ascender co Dépor", di Nahuel na súa presentación

Matías Nahuel Leiva Esquivel (Rosario, Arxentina, 22 de novembro de 1996) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo.

Carmelo del Pozo aclarou que o futbolista arxentino chega cedido até o 30 de xuño, "pero podemos estender esta cesión un ano máis. Teriamos durante todo este tempo varias opcións para ter unha opción de compra, que a temos voluntaria se a queremos facer". Esa cantidade, segundo o Director Deportivo coruñés, "se se demostra que é un bo xogador, é alcanzable para o Deportivo". "Todo está en mans de Matías e do Deportivo", conclúe Carmelo.

Pola súa banda, Matías, como lle gusta que lle chamen, Nahuel afirmou que chega a Abegondo "por 5 meses cun obxectivo moi claro, ascender co Dépor. Tentar axudar en todo o posible a que o equipo suba".

O atacante arxentino reitera que o seu obxectivo é "facelo ben estes 5 meses e prorrogar o meu contrato no Dépor".

Conta que ao poñerse en contacto o Deportivo co seu axente, "desde o primeiro momento díxenlle que quería vir aquí porque era un desafío moi bonito. Saíu todo ben, Olympiacos puxo da súa parte, chegamos a un acordo e estou aquí".

Nahuel confesa que ao saír a opción do Deportivo "pregunteille a Guilherme moitas cousas sobre a cidade. El díxome que non teña dúbida en vir. Foi unha peza fundamental para que vinera eu".

Do equipo, queda "cun grupo moi humano" que hai. "Todos están co obxectivo claro. Non hai que meternos a presión que se ten ás veces".

Indica que o xogador que máis lle sorprendeu foi Edu Expósito, pero "todos son uns grandes xogadores".

Acerca do seu xogo, di "sentirse cómodo en toda a parte de ataque. Síntome máis cómodo na banda, pero son decisións do adestrador. Onde me decida poñer, estarei contento".

Promete achegar ao equipo "o que eu sei. De cara a gol, estará na fortuna de cada partido. Tentaremos marcar algúns goles".

Após debutar o pasado sábado ante o CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR, apunta que "se en Segunda énchese así, para nós é moito e vénnos a favor. Aos equipos ponlles un pouco de medo iso. Feliz por estar en ABANCA-RIAZOR".

Subliña iso si que "todo foi moi rápido. Cheguei o venres e o sábado entrei na convocatoria. Puiden axudar ao equipo con 10 minutos que me deu o adestrador. Feliz por debutar pero un pouco amargo polo resultado".

Preguntado pola visita deste domingo 10 de febreiro ao Granada CF (18:00 horas, Movistar Partidazo), Nahuel advirte que "imos a un campo moi difícil. Pero estamos mentalizados que como saquemos os 3 puntos, colocámonos aí arriba. Estamos con forza, con ánimo".