O Deportivo da Coruña prepara a súa viaxe a Montpellier para disputar o encontro de volta da segunda rolda da Copa da UEFA. O equipo viaxa o vindeiro martes á primeira hora da tarde en voo chárter desde A Coruña ata Montpellier.
O equipo aloxarase no Hotel Holiday Inn Montpellier ata o día do encontro. O xoves, despois de partido, a expedición branquiazul regresa nun voo ata Santiago de Compostela. Os afeccionados branquiazuis poden voar no chárter co equipo por 75.000 pesetas. As inscricións poden facelas en Viaxes Orzán, en Avenida Primo de Rivera 3, baixo.