RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Vicente Miera: O Deportivo é un inimigo moi difícil

Moi cedo chegaba a Copa de S.M.O Rei a Coruña. Aos dous días do primeiro enfrontamento ligueiro contra o Sestao, xa se estaba falando do Tenerife de Vicente Miera. Un equipo da Primeira División que viña a Riazor gardando o respecto debido a quen era un l

Vicente Miera, técnico do Tenerife, con varias dúbidas na aliñación
SERÁ UNHA ELIMINATORIA COMPROMETIDA, XA QUE O DEPORTIVO É UN INIMIGO MOI DIFÍCIL

Ao fío do catro da tarde de onte, cansos e soñolientos, chegaban ao hotel coruñés os expedicionarios do C.D.Tenerife (...). Rapidamente retiráronse todos a descansar, aínda que Vicente Miera, o técnico tinerfeño, atendeunos uns instantes:

-Algunha novidade de última hora na lista?

-En Sevilla, para regresar a Santa Cruz, quedou Víctor, con algunhas molestias estomacais (...). Tamén hai algúns que veñen con fortes golpes do partido do domingo e aínda haberá que observalos nos adestramentos que teremos na Coruña.

(...)-Como anda o equipo?

-Como todos nos comezos da tempada. Estamos a tratar de compor un bloque homoxéneo, aínda que contamos coa lesión de David, un home valioso e a ausencia de Luís Delgado, que anda con problemas de papelorio federativo.

-E esa derrota en Sevilla a última hora?

-Tivemos ben controlado o encontro, pero unha xogada desgraciada a tres minutos do final privounos dun máis que xusto empate, pero o fútbol é así.

-Unha eliminatoria comprometida.

A Vicente Miera, moi amable por atendernos cando o cansazo era evidente, pedímoslle unha impresión en torno ao partido de mañá.

-Vai ser unha eliminatoria moi comprometida para os dous equipos. Tanto nós como o Deportivo, supoño, queremos chegar máis lonxe na Copa.

-Que é o que máis teme do conxunto coruñés?

-A Deportivo conta cun bo equipo, polo menos a xulgar polos resultados da pretemporada, sendo un dos aspirantes ao ascenso, por tanto hai que respectalos. Ten xogadores experimentados e outros, máis novos, que veñen pegando forte. Creo que ambos poderemos ofrecer un bo espectáculo.