RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Victoria do Cadete B para abrir o calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA

A festividade de mañá venres 1 de novembro fai que esta xornada sexa longa en #ANOSACANTEIRA, con partidos oficiais desde hoxe xoves 31 ao domingo 3 de novembro.

Abriu o calendario semanal o Cadete B en Abegondo ante o Bergantiños CF B (5-1). O choque corresponde ao grupo norte da liga Galega, cuxo líder sólido é o equipo deportivista.

Outros 3 equipos xogarán mañá venres 1 de novembro: o Deportivo ABANCA B en Xixón (12:00 horas); e Xuvenil A e Infantil A en Abegondo ante Bansander e Bertamiráns FC (12:00 e 12:30 horas respectivamente).

Entre eles destaca o choque da liga Galega infantil, co duelo entre os dous primeiros clasificados do grupo norte e máximos aspirantes ao título: Deportivo e Bertamiráns FC, ambos con 24 puntos de 24 posibles.

Un total de 7 partidos máis se disputarán o sábado 2 de novembro. O Xuvenil B e Cadete A visitan ao Pabellón Ourense CF nos Remedios (16:00 e 18:00 respectivamente) e o Infantil B ao Atlético San Pedro en Iñás (10:00). Na Torre, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns finalizan a primeira parte da competición coa 3ª e última xornada dos seus grupos no Torneo A Coruña - As Mariñas.

A xornada concluirá o domingo 3 co partido do Fabril en Abegondo ante o UD Ourense (12:00 horas), con entrada gratuíta para os socios. O público paga 10 euros, e 3 euros os menores de 16 anos.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
11ª xornada: FABRIL - UD OURENSE, o domingo 3 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. Arousa SC, 20 puntos; 4. CD Barco e CD Choco, 19 puntos; 6. Fabril, 18 puntos; 7. Racing Villalbés, 14 puntos...

Categoría feminina
8ª xornada: GIJÓN FF - DEPORTIVO ABANCA B, o venres 1 de novembro ás 12:00 no campo de Santa Cruz (Xixón)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: 1. Viaxes InterRías FF, 21 puntos; 2. CD Monte, 18 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 4. Sárdoma CF, 13 puntos...

Categoría xuvenil
9ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o venres 1 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón e Real Oviedo, 18 puntos; 4. Real Racing Club, 16 puntos; 5. Xuvenil A e Bansander, 14 puntos; 7. Racing de Ferrol, 11 puntos...

9ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, o sábado 2 de novembro ás 16:00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Pabellón Ourense CF, 17 puntos; 4. Alondras CF, 16 puntos; 5. Rápido de Bouzas, 14 puntos; 6. Xuvenil B e CD Areosa, 13 puntos; 8. Pontevedra CF e CVC Valladares, 11 puntos; 10. Ourense CF e CD Lugo B, 10 puntos...

Categoría cadete
9ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - CADETE A, o sábado 2 de novembro ás 18:00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 24 puntos; 2. RC Celta, 21 puntos; 3. Ural CF, 17 puntos...

9ª xornada: CADETE B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - BERGANTIÑOS CF B 1
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B (un partido máis), 25 puntos; 2. SD Compostela, 19 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 17 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: INFANTIL A - BERTAMIRÁNS FC, o venres 1 de novembro ás 12:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns FC, 24 puntos; 3. ED Xuventude de Oroso, 17 puntos...

9ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO - INFANTIL B, o sábado 2 de novembro ás 10:00 no Municipal de Iñás
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 24 puntos; 2. Ural CF B, 22 puntos; 3. CD Calasanz B e Victoria CF B, 18 puntos...

Categoría alevín
3ª xornada e última: ALEVÍN A - LA PAZ CF B, o sábado 2 de novembro ás 10:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación do Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A: 1. Alevín A, 6 puntos; 2. CD Calasanz C e Ural CF B, 3 puntos; 4. La Paz CF B, 0 puntos

3ª xornada e última: CALVO SOTELO B - ALEVÍN B, o sábado 2 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación do Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B: 1. Alevín B, 6 puntos; 2. Ural CF A e Oza Juvenil SD C, 3 puntos; 4. Colexio Calvo Sotelo B, 0 puntos

Categoría benxamín
3ª xornada e última: BENXAMÍN A - CD CIUDAD, o sábado 2 de novembro ás 11:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación do Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A: 1. Benxamín A, 6 puntos; 2. CD Calasanz C e Ural CF B, 3 puntos; 4. CD Ciudad 0

3ª xornada e última: SCD SAN CRISTÓBAL B - BENXAMÍN B, o sábado 2 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación do Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B: 1. CD Calasanz A, 6 puntos; 2. Benxamín B e Santa María del Mar C, 3 puntos; 4. SCD San Cristóbal B, 0 puntos