RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Visita do Dépor Genuine ao colexio José Cornide Saavedra na Coruña

O Dépor Genuine, representado por dous dos seus adestradores, Carlos García e Álex Espiñeira; e polo xogador Alejandro Pereira, visitou o colexio de educación infantil e primaria CEIP José Cornide Saavedra na Coruña.

O acto consistiu principalmente en presentar o proxecto do Dépor Genuine e compartir vivencias cos alumnos e alumnas, que tamén tiveron a oportunidade de interesarse polo buque insignia da Fundación RC Deportivo.

Para finalizar houbo firma de autógrafos coa que gozaron todos os mozos e mozas.