RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Vitoria do Deportivo B en Silleda

O Deportivo B impúxose onte tarde ao Silleda (0-4) nun novo partido de adestramento. Iván Carril, Arturo (futbolista a proba), Sergio Benito e Nacho foron os goleadores.

O equipo inicial deportivista foi leste: Alberto, Sergio Benito, Quiriant (xogador a proba), Granadeiro, Caridade, Momar, Iván Carril, Chema, Hugo, Arturo e Juan. Tamén xogaron: Marcos Valín, Castelo, Guille, Nando, Daniel e Iván Pérez.

O mércores, o Fabril xogará os cuartos de final de Cópaa Deputación ante o vencedor do partido entre o Sada e o Negreira, que se xoga hoxe domingo.

Por outra banda, en xuvenís, o Deportivo A caeu co Tottenham (1-3) na semifinal do Trofeo que o Calasancio organiza en Monforte. O Depor xogará o terceiro e cuarto posto.