RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Vitoria xusta e mesmo corta do Cadete A sobre o Coruxo

O Cadete A logrou un triunfo xusto e mesmo curto (1-4) ante o Coruxo en partido da 7ª xornada da División de Honra. Portas, Peke, Mario e Juanma foron os autores dos goles branquiazuis nun partido onde o xogo e as ocasións foron deportivistas.

Con este resultado, o Cadete A suma 17 puntos e é segundo na táboa, só superado polo líder, o Celta A.

Cadete A: Manu, Roque, Añón, Landeira, Juan, Pablo, Concheiro, Mario, Do Carmo, Peke e Portas. Tamén xogaron: Íker, Pol, Fito, Juanma e Melide.

A vindeira fin de semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao CD Lugo.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Luis Jiménez son os seguintes:

Val Miñor 3 - Cadete A 3 (Fito, Peke e Mario)
Cadete A 8 (Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario) - Bergantiños 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)
Cadete A 1 (Pol) - ED Arousa SD 1
Choco 0 - Cadete A 10 (Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peke e Portas)
Cadete A 3 (Juanma -2- e Peke) - Santiago de Compostela 0
Coruxo 1 -´Cadete A 4 (Portas, Peke, Mario e Juanma)