RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Vitorias do Alevín A e Benxamín A este xoves en ANOSACANTEIRA e calendario da fin de semana, con cita xa para o Fabril FC Benxamín este venres no Dépor Training Center

O Alevín A e os dous equipos benxamíns adiantan os seus partidos ligueiros na Primera Futgal A Coruña debido á súa participacion a fin de semana nos torneos da SD Amorebieta, Cantabria Infinita en Torrelavega e Tucho de la Torre en Marín.

Así, este xoves 4 de novembro o Alevín A (na foto principal da noticia) venceu ao Betanzos CF (0-5) e o Benxamín A (na foto inferior) ao Atlético Arteixo (0-12).

O partido entre o Fabril FC Alevín e a UD Carral, previsto tamén para este xoves, foi suspendido até nova data por determinar.

Para este venres 5 queda o encontro do Fabril FC Benxamín, ás 19:30 no Dépor Training Center ante o Sporting Cambre.

En canto ao fin de semana, o Fabril recibe este domingo 7 de decembro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias ao Marino de Luanco.

Os fabrilistas, após o empate en Sarria da pasada fin de semana, marchan terceiros na táboa após Gimnástica Segoviana CF e Oviedo Vetusta.

Ademais, os fabrilistas Samu, Íker Vidal, Damián Canedo, Quique Teijo, Fabi e Bil viaxaron co primeiro equipo a Sabadell para a Copa del Rey.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completa a xornada dominical o encontro entre o Xuvenil B e o CD Choco previsto para as 12:45 no campo de herba sintética do Dépor Training Center. Fronte a fronte 2º contra 3º.

Sen competición esta fin de semana os dous equipos cadetes e os dous infantís, o único partido oficial previsto para o sábado 6 será a visita do Xuvenil A ao Real Racing Club, ás 16:15 en Santa Cruz de Bezana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
14ª xornada: FABRIL - MARINO DE LUANCO, o domingo 7 de decembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: ... 2. Oviedo Vetusta, 26 puntos; 3. Fabril e CD Numancia de Soria, 24 puntos; 5. Salamanca CF UDS, 23 puntos... 10. Marino de Luanco, 19 puntos...

Categoría xuvenil
12ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o sábado 6 de decembro ás 16:15 no Municipal de Bezana (Santa Cruz de Bezana, Cantabria)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 25 puntos; 3. Xuvenil A, 22 puntos; 4. Real Racing Club, 18 puntos...

14ª xornada: XUVENIL B - CD CHOCO, o domingo 7 de decembro ás 12:45 no Dépor Training Center
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 39 puntos; 2. Xuvenil B, 32 puntos; 3. CD Choco, 28 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 33 puntos; 2. RC Celta, 31 puntos; 3. Arosa SC, 21 puntos; 4. CD Lugo, 20 puntos; 5. San Tirso SD Cadete e ED Val Miñor Nigrán, 17 puntos; 7. Ural Español CF e Pabellón Ourense CF, 16 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 30 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 27 puntos; 4. San Tirso SD Infantil, 21 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 20 puntos...

Categoría alevín
11ª xornada: BETANZOS CF 0 - ALEVÍN A 5 (Adrián Míguez -2-, Antón Fernández, Saúl Cancela e Álex Casado)
11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - UD CARRAL, aprazado
Clasificación Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A (un partido máis), 30 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF e Ural Español CF (un partido máis), 25 puntos; 4. Fabril FC Alevín, 24 puntos; 5. CD Calasanz e Victoria CF, 22 puntos...

XXI Amorebieta Etxano Cup en Txolon
Domingo 7 de decembro
Primera Fase
9:30: ALEVÍN A - SD AMOREBIETA
12:00: ALEVÍN A - ATHLETIC CLUB
13:30: ALEVÍN A - ATLÉTICO DE MADRID

En función a clasificación, os equipos pasan a continuación á seguinte fase

X Torneo Cantabria Infinita
Luns 8 de decembro
Primera Fase, en Tanos
10:00: ALEVÍN A - SD SOLARES
12:00: ALEVÍN A - DONOSTIA AK
13:30: ALEVÍN A - CD SANTURTZI

En función a clasificación, os equipos pasan a continuación á seguinte fase

Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
10:30: AD VILA DO CORPUS - FABRIL FC ALEVÍN
14:30: FABRIL FC ALEVÍN - FC PORTO
18:00: VITÓRIA SC - FABRIL FC ALEVÍN

Domingo 7 de decembro
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - PABELLÓN OURENSE CF

Os 4 primeiros do grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha Fase de Plata

Categoría benxamín
11ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -4-, Hugo Cancela -3-, Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos -2- Fabio Álvarez e Ian Lata)
11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SPORTING CAMBRE, o venres 5 de decembro as 19:30 no  Dépor Training Center (campo de herba sintética) 
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A (un partido máis), 33 puntos; 2. CD Calasanz, 26 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 24 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 21 puntos... 14. Sporting Cambre, 5 puntos; 15. Atlético Arteixo, 1 punto...

Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
10:30: AD VILA DO CORPUS - BENXAMÍN A
14:30: BENXAMÍN A - FC PORTO
18:00: VITÓRIA SC - BENXAMÍN A
20:00: BENXAMÍN A - SPORTING DE GIJÓN

Domingo 7 de decembro
11:00: BENXAMÍN A - PABELLÓN OURENSE CF

Os 4 primeiros do grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha Fase de Plata

Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)
Primera Fase
Sábado 6 de decembro
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - SC BRAGA
13:30: EF VILA DE MARÍN - FABRIL FC BENXAMÍN
16:00: FABRIL FC BENXAMÍN - RC CELTA
18:30: FABRIL FC BENXAMÍN - SPORTING CP

Domingo 7 de decembro
9:30: REAL OVIEDO - FABRIL FC BENXAMÍN

Os 4 primeiros do grupo pasan a cuartos de final e o resto xogarán unha Fase de Plata