RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Viveiro e Somozas examinan mañá domingo ao Fabril

O Fabril ten mañá domingo 23 de xullo o seu primeiro test de pretemporada. Será no campo de Cantarrana de Viveiro, co equipo local (Rexional Preferente) e o Somozas (Terceira División) como rivais, nun torneo baixo o formato 'tres en un'.

Os partidos durarán 45 minutos, con esta orde:

18:00: VIVEIRO - FABRIL
19:00: FABRIL - SOMOZAS
20:00: VIVEIRO - SOMOZAS

Cristóbal Parralo conta con estes futbolistas esta pretemporada: Queijeiro, Borja Galán, Chema, Aarón, Pedro, Adrián, Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Lucas, Diego Caballo, Gaizka Martínez, Carlos López, Martín Bengoa, Uxío, Jardel, Raúl González, One, Luismi e Romay.

Subiron ao equipo filial procedente dos xuvenís: Sito e Iago Novo.

Tamén realizan a pretemporada os xuvenís Ricardo Benjamim, Alberto Sánchez, Mujaid, Gandoy, Ortuño, Joel, Carracedo e Porrúa.

Cabe lembrar que Óscar Pinchi, Edu Expósito e Francis están ás ordes de Pepe Mel no primeiro equipo.

O calendario de partidos de preparación do Fabril xa confirmado é o seguinte:

23 de xullo, torneo 'tres en un' en Viveiro
18:00: Viveiro - Fabril
19:00: Fabril - Somozas

25 de xullo: Laracha - Fabril (Municipal, Laracha)

30 de xullo, 19:00 horas: SD Compostela - Fabril (campo da Silveira, Camporrapado, Boqueixón)

2 de agosto, dezaseisavos de final da Copa Deputación da Coruña: Marino de Mera ou Laracha - Fabril

8 de agosto: Fabril - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)

Entradas á venda para o Trofeo Manolo Martín

Están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista e El Corte Inglés (Ramón e Cajal e Marineda City) as entradas para o XXXIV Trofeo Manolo Martín que disputan o Fabril e o Real Madrid Castilla o vindeiro 8 de agosto ás 18:30 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.

As entradas, que teñen carácter benéfico (a recadación destinarase integramente ás obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca en Muxía), teñen un custo de 5 euros. Os menores de 15 anos poden acceder de forma gratuíta pero deben retirar invitación na OAD ou El Corte Inglés.