RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volta ao traballo en dous grupos apenas dez horas despois de baixarse do autocar

Apenas dez horas despois de baixarse do autocar que trouxo á expedición branquiazul onte á noite desde a localidade rioxana de Calahorra, a case 700 quilómetros de distancia de Abegondo, o cadro deportivista volveu saltar ao céspede este mediodía na Cidade Deportiva para un novo adestramento.

A xornada matinal arrincou cun traballo preventivo dirixido por Álex Canosa, readaptador do primeiro equipo. A continuación, os titulares onte no campo da Planilla realizaron tarefas de recuperación no ximnasio e na padiola de fisioterapeutas. Para o resto, incluído o internacional costarriqueño Celso Borges, a sesión foi de alta intensidade, cun quecemento, unha roda de pases e exercicios de fútbol reducido.

Non estiveron co grupo os lesionados Valín, Menudo, Trilli e Jaime, este á espera de probas médicas complementarias na súa coxa dereita.

Finalmente, Noel e a meta xuvenil Rodrigo foron a representación de #ANOSACANTEIRA na sesión de hoxe.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O Dépor regresa aos adestramentos o martes 14 de setembro ás 10:30 en Abegondo.