Encontro entretido o que disputaron Deportivo e Gran Pena. Había expectación por ver en Balaídos ao conxunto coruñés e unha certa esperanza en que o filial céltico conseguise pór en dúbida ese prognóstico que facía que o Deportivo se presentase como favor
O primeiro traduciuse nunha boa entrada de público, a pesar de que a tarde, desapracible e chuviosa, non convidaba precisamente a saír de casa. O segundo, a lóxica, terminou impóndose aínda que a Gran Pena, cun gol conseguido cando apenas se cumpría o minuto dous de xogo empezara a facer boas as esperanzas dunha sorpresa.
Con todo, a reacción dos deportivistas non se fixo esperar, e tres minutos máis tarde, o gol de Rabadeira viña pór xa unha distancia practicamente insalvable para os de Julito... Comezando o segundo tempo marcou Piño o segundo gol blanquizul e, a seis minutos do final, Vales deixaba o marcador no que sería definitivo 1 a 3. Pero foi superior o Deportivo e xusto é recoñecelo, superior en serenidade, en oficio e en dominio da situación...