RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Xa á venda as entradas para o Dépor ABANCA - CE Europa en ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo puxo á venda as entradas para o partido do domingo 31 de marzo ás 17:30 entre o Deportivo ABANCA e o CE Europa correspondente á 23ª xornada en Primera Federación Iberdrola e que terá como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR.

A entrada para este partido é obrigatoria xa que ese día non se poderá acceder a ABANCA-RIAZOR co carné de socio, seguindo un protocolo similar ao dos partidos do Dépor ABANCA e o Fabril na Cidade Deportiva de Abegondo.

Os abonados que desexen asistir ao encontro terán desde hoxe mesmo e até o propio día do partido para sacar de forma gratuíta a súa entrada a través da web bancada.rcdeportivo.es, onde poderán escoller asento xa que non terán asignado o seu. Ademais, poderán retirar até un máximo de 5 entradas máis sen custo algún para a bancada de Tribuna Inferior.

Os socios e socias deberán introducir o seu ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión, até un máximo de 5 por operación, e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Presentando o DNI ou o abono, os socios e socias tamén poderán retirar a entrada na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD), na Avenida da Habana s/n, no seu horario habitual de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00. Tamén poderán facelo nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes o mesmo día do encontro.

Para este encontro, en principio unicamente abrirase a bancada de Tribuna Inferior. No caso de que sexa necesario, abriríase Preferencia Superior.

Para o público, as entradas terán un prezo de 5 euros. As entradas poderán adquirirse até o propio día do partido, tanto a través de bancada.rcdeportivo.es como na OAD, así como nas horas previas ao choque nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.