RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Xa estamos en Oslo!

Tras un leve atraso do voo sobre o horario previsto nun principio, o Deportivo chegou onte á noite a Oslo para o encontro de mañá ante o Stabaek. Coyote e Correcaminos, os dous enviados do canaldeportivo, infórmannos con detalle de todo a viaxe. Hoxe, o e

O Coyote e Correcaminos infórmannos que o avión saíu de Alvedro pasadas as 20:00 horas. Ao fondo da nave estaban Naybet, Songoo, Mauro, Djalma, Donato e Kouba. Diante quedaron Jaime, Ivan Perez, Victor, Makaay, Pauleta, Turu Flores...

A cea foi servida a bordo. Despois, algúns xogadores botaron unha cabezadita, outros leron e o resto xogaron ás cartas.

Ás 23:10 o Deportivo aterrou no aeroporto de Oslo. A azafata despediuse cun "Viva Coruña" e o piloto desexoulle boa sorte ao equipo no partido do martes. O aeroporto ten un ano, é moi novo e dispón de autovia e tren rápido ata Oslo. A temperatura durante estes dias foron moi boa, con 17 graos pola tarde.

Ás 23:40, unha vez recollidas as maletas, houbo que solucionar os problemas de Jokanovic polo tema do visado... estiveron reunidos durante uns minutos ata aclarar a situación.

Ás 23:55 subimos aos autobuses. Hai 50 km desde o aeroporto ata o Gran Hotel de Oslo.

Chegada ao Hotel. Subimos ás habitacións. Javier Irureta pide que o almorzo sexa servido aos xogadores nas súas habitacións ás 10:30 horas.

Ao longo da xornada de hoxe e mañá seguiremos contando os pormenores da viaxe da expedicion deportivista a Oslo.