RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Xisco, presentado esta tarde como novo xogador do Deportivo

O dianteiro Xisco foi presentado na Praia Club como novo xogador do Deportivo. O ariete branquiazul, que chega cedido esta tempada polo Newcastle, estivo acompañado polo seu irmán, o seu axente, o Presidente Augusto César Lendoiro e o consel

O dirixente branquiazul deulle a benvida unha vez máis "á que é a túa casa". Pola súa banda, Xisco, recibido por medio centenar de afeccionados ás portas da Praia Club, confesou que o descenso lle deixou unha "espiña cravada polo sentimento que houbo polo club a finais da tempada pasada". Admitiu ademais comprometerse "co Presidente e os capitáns para tentar volver, como así foi". Non elude a responsabilidade de ser o 'nove' do equipo: "Os futbolistas temos que convivir con iso".

Mañá venres, Xisco realizará o seu primeiro adestramento no Mundo do Fútbol ás ordes de José Luís Oltra.