RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Xornada de convivencia en Abegondo para os nenos e nenas inscritos na sede de Alvedro da Escola RC Deportivo

A sede de Alvedro da Escola RC Deportivo realizou este sábado 26 de abril unha xornada de convivencia na Cidade Deportiva de Abegondo.

Uns 120 nenos e nenas gozaron dun día diferente na modélica instalación branquiazul.

Os participantes reuníronse ás 17:00 no campo de herba sintética.

A continuación, os monitores, por espazo de 2 horas, organizaron uns xogos e unha serie de competicións co balón como protagonista.

A tarde concluíu cunha foto de familia. 

A sede de Alvedro é a máis antiga e a que conta con máis alumnado.

A Escola RC Deportivo está destinada a todos os nenos e nenas que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira deportivista, independentemente do seu nivel de práctica.

Despois do éxito da temporada pasada este curso a Escola RC Deportivo conta con estas sedes: Alvedro, Outes, Sada, Zas, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís.

Ademais, na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre continúa a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.