RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xornada previa ao descanso semanal no Deportivo con intensidade para un grupo e recuperación para outro

Rubén de la Barrera dividiu esta mañá ao seu cadro en dous grupos, na habitual sesión post-partido.

Os titulares onte no Nuevo Ganzábal de Langreo realizaron no céspede un quecemento con rondos, carreira continua e tarefas de recuperación no vestiario supervisadas polo readaptador Fran Molano. Unicamente Keko quedou no ximnasio e non chegou a pisar o céspede da Cidade Deportiva.

Para o resto do cadro, ademais do fabrilista Adri Castro, a mañá foi de alta intensidade, cunha tarefa de posesión, un exercicio de finalizacións, un traballo de duelos e fútbol en espazo reducido para concluír. Claudio Beauvue retirouse antes aos vestiarios con molestias nas costas.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo comezará o mércores 14 de abril ás 10:30 a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do CD Numancia a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 18 de abril ás 19:00 horas (TVG).