Só o Xuvenil B e un Infantil, que participan no Torneo da Real Sociedad, seguen aínda en competición nos diferentes trofeos amigables que se xogaron nesta Semana Santa.
Ambos os conxuntos xogan mañá luns a última xornada en Zubieta, a Cidade Deportiva do equipo realista.
Hoxe domingo, o Cadete A proclamouse subcampión da Oviedo Cup e o B quedou ás portas da final após ser eliminado na quenda de penaltis da semifinal pola Real Sociedad.
Onte sábado, #ANOSACANTEIRA brillou en Cascais, con dous equipos subcampións das súas categorías e outro, o Infantil, que dobrou o xeonllo en semifinais; no Porto, onde o Alevín A colgouse a medalla de bronce; e en Caldas, onde o Fabril FC Alevín foi subcampión.
A maiores, ao longo desta Semana Santa, o Fabril FC Alevín foi subcampión en Extramundi; o Alevín A, en Baiona; e os dous benxamíns, no torneo que organizou en Lugo o ADC Sagrado Corazón.
Gran participación dos Cadetes branquiazuis na Oviedo Cup 2022
A Oviedo Cup 2022 contou con dous representantes branquiazuis en categoría cadete (sub-16 e sub-15) nunha competición que se iniciou o pasado xoves.
Ambos completaron un gran torneo. O A colgouse a medalla de prata após caer na quenda de penaltis da gran final ante a Real Sociedad; e o B quedou apeado tamén pola Real Sociedad na quenda de penaltis das semifinais, após acabar o encontro con empate (1-1).
O Cadete A quedou encadrado no grupo C da Primeira Fase cadete sub-16 co CD Solares, CD Canillas, UD Sur e Antiguoko KE.
Os seus resultados foron os seguintes:
Xoves 14 de abril
Primeira Fase
CADETE A 2 (Jaime -2-) - CD SOLARES 0
UD SUR 0 - CADETE A 2 (Manu Ferreiro e Guerrero)
Venres 15 de abril
CADETE A 4 (Guerrero, Manu Ferreiro, Samuel e Hugo Torres) - CD CANILLAS 0
ANTIGUOKO KE 0 - CADETE A 0
Sábado 16 de abril
Fase de Ouro
CADETE A 3 (Pablo Parada -2- e Javi) - CA OSASUNA 1
CADETE A 3 (Jaime Calviño, Jorge García e Samu) - ATHLETIC CLUB 0
Domingo 17 de abril
Semifinal
CADETE A 4 (José Rey, Guerrero, Carballo e Pablo Parada) - MARCET FA 0
Final
CADETE A 0 - REAL SOCIEDAD 0. A penaltis: 8-9
Pola súa banda, na Primeira Fase cadete sub-15, o Cadete B mediuse ao Sporting de Gijón, ADU Carrascal e CE L'Hospitalet, con estes resultados:
Primeira Fase
Xoves 14 de abril
CADETE B 4 (Rubén -2-, Dani e André) - CE L'HOSPITALET 0
Venres 15 de abril
CADETE B 3 (Rubén -2- e Jairo) - ADU CARRASCAL 0
SPORTING DE GIJÓN 2 - CADETE B 0
Sábado 16 de abril
Fase de Ouro
CADETE B 4 (Nico Ruiz -2-, Rubén e Dani) - URAL ESPAÑOL CF 0
CADETE B 3 (Nico e Rubén -2-) - RCD ESPANYOL 1
Domingo 17 de abril
Semifinal
CADETE B 1 - REAL SOCIEDAD 1. A penaltis: 3-5
Última xornada do infantil do Dépor e do Xuvenil B, mañá luns en Zubieta
Un equipo infantil do Dépor e o Xuvenil B disputan até mañá luns a 36ª edición do Torneo Internacional da Real Sociedad.
O Xuvenil B igualou (2-2) hoxe domingo co RC Celta e mañá luns pelexará co Real Betis pola quinta praza.
O calendario do Xuvenil B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 16 de abril
XUVENIL B 1 (Martiño) - REAL SOCIEDAD 2
XUVENIL B 0 - CA OSASUNA 1
Domingo 17 de abril
XUVENIL B 2 (David Domínguez e Rubén) - RC CELTA 2
Luns 18 de abril
Partido polo quinto e sexto posto
10:00: XUVENIL B - REAL BETIS
Pola súa banda, o equipo Infantil aspira mañá á terceira praza se dobrega ao CA Osasuna.
O conxunto branquiazul tivo como rivais iniciais ao Real Madrid CF, Real Sociedad e CD Kostkas.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Sábado 16 de abril
INFANTIL 0 - REAL MADRID CF 1
INFANTIL 3 (Nico, Ioan e Paulo) - REAL SOCIEDAD 0
Domingo 17 de abril
INFANTIL 2 (Paulo e Ioan) - CD KOSTKAS 0
Luns 18 de abril
Terceiro e cuarto posto
10:30: INFANTIL - CA OSASUNA
Infantil, Benxamín A e Fabril FC Benxamín destacan en Cascais
Tres equipos de #ANOSACANTEIRA (Infantil, Benxamín A e Fabril FC Benxamín), participaron na IberCup de Estoril (Portugal).
O Infantil perdeu en semifinais co CR Flamengo brasileiro mentres que os dous equipos benxamíns foron subcampións das súas respectivas categorías após caer na final ante o CD Cova da Piedade (1-0) o A e co SL Benfica (3-1) o Fabril FC Benxamín.
O Infantil quedou encadrado na Primeira Fase no grupo F, con estes rivais: CD Panther Force, CF Os Unidos e GD Estoril Praia B.
Os seus resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
Mércores 13 de abril
INFANTIL 5 (Diego -3-, Janusz e Frank) - CD PANTHER FORCE 0
Xoves 14 de abril
INFANTIL 6 (Marcos, Frank, Janusz, Rubén, Lucas e Diego) - CF OS UNIDOS 0
Venres 15 de abril
GD ESTORIL PRAIA B 0 - INFANTIL 2 (Diego e Janusz)
Oitavos de final
INFANTIL 5 (Leandro -2-, Marcos, Rubén e Diego) - RED EAGLE 0
Sábado 16 de abril
Cuartos de final
INFANTIL 3 (Leandro, Janusz e Marcos) - VITÓRIA SC GUIMARÃES 1
Semifinais
INFANTIL 0 - CR FLAMENGO 3
Pola súa banda, o Benxamín A enfrontouse no grupo C da Primeira Fase a CF Os Belenenses A, CF Os Unidos, FC Outurela e SL Olivais.
Os seus resultados foron:
Primeira Fase
Mércores 13 de abril
BENXAMÍN A 3 (Hugo Macedo -2- e David Gómez) - CF OS BELENENSES A 0
Xoves 14 de abril
CF OS UNIDOS 0 - BENXAMÍN A 10 (David Gómez -2-, Álvaro Gómez -2-, Brais Martínez -2-, Jorge Fernández -2-, Iván Gil e Hugo Luaces)
BENXAMÍN A 9 (Nacho Villanueva -5-, Álvaro Gómez -2-, Hugo Pousa e Hugo Macedo) - SL OLIVAIS 0
Venres 15 de abril
FC OUTURELA 0 - BENXAMÍN A 13 (Iván Gil -2-, Martín López -2-, Álvaro Gómez -2-, David Gómez -2-, Hugo Luaces -2-, Jorge Fernández, Nacho Villanueva e Hugo Pousa)
Sábado 16 de abril
Semifinais
BENXAMÍN A 4 (David Gómez -2-, Álvaro Gómez e Martín López) - SL BENFICA 0
Final
BENXAMÍN A 0 - CD COVA DA PIEDADE 1
Finalmente, o Fabril FC Benxamín foi brillante subcampión após realizar un gran torneo. Só o SL Benfica foi capaz de superar aos fabrilistas.
Os seus resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
Mércores 13 de abril
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -2- e Neo) - PORTIMONENSE SC 0
Xoves 14 de abril
FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Mateo Carballeira, Bruno Abelenda, Miguel Candal -2-, Alejandro Astray, Álvaro Rodríguez, Hugo Quintela e Thiago López) - CD COVA DA PIEDADE 1
Venres 15 de abril
ASSOCIAÇAO DA TORRE 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Javi Meiriño, Álvaro Rodríguez, Miguel Candal, Mateo Carballeira e Thiago López)
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Mateo Carballeira -2-, Alejandro Astray, Hugo Quintela -2- e Álvaro Rodríguez) - EF BENFICA ESTÁDIO 1
Sábado 16 de abril
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Miguel Candal -2-, Thiago López, Mateo Carballeira, Alejandro Astray e Hugo Quintela) - CF OS BELENENSES 1
Final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álvaro Rodríguez) - SL BENFICA 3
Bronce para o Alevín A na Porto International Youth Cup 2022
O Alevín A logrou a medalla de bronce da Porto International Youth Cup 2022 após derrotar ao Sporting CP na final de consolación.
Ademais dunha gran actuación colectiva, Lucas López foi nomeado mellor porteiro do torneo.
Os seus resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
Xoves 14 de abril
ALEVÍN A 4 (Raúl -2-, Martín Forján e Iago Lameiro) - SPORT COMÉRCIO E SALGUEIROS 1
SPORTING CP 2 - ALEVÍN A 0
Venres 15 de abril
SC BRAGA 1 - ALEVÍN A 1 (Raúl)
ALEVÍN A 4 (Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Antón) - FC PORTO 1
Semifinais
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1
Sábado 16 de abril
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 3 (Raúl -2- e Martín Forján) - SPORTING CP 1
A VIII edición do Torneo Vila de Caldas acabou co Fabril FC Alevín de subcampión
A VIII edición do Torneo Vila de Caldas, que se xogou onte sábado 16 de abril no campo das Corticeiras, contou no seu cartel co Fabril FC Alevín.
Os fabrilistas foron subcampións ao caer na final co UD Santa Mariña despois dun gran torneo.
Na Primeira Fase, o equipo fabrilista mediuse no grupo Á o EF Portero 2000, Saint Denis D e UD Santa Mariña.
Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes:
Primeira Fase
SAINT DENIS D 0 - FABRIL FC ALEVÍN 10 (Hugo Caridad -3-, Roque -3-, Íker Obeso -2- e Yael López -2-)
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Eito e Adrián) - EF PORTERO 2000 1
UD SANTA MARIÑA 3 - FABRIL FC ALEVÍN 0
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Yael López e Íker Obeso) - AJ LÉREZ 0
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Iker Obeso -3-) - ESCOLAS DENIS SUÁREZ 1
Final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Yael López) - UD SANTA MARIÑA 3
O Fabril FC Alevín, tamén segundo en Extramundi
O Fabril FC Alevín proclamouse o pasado venres 15 de abril subcampión do Torneo de Extramundi de Padrón.
Os fabrilistas competiron a gran nivel ante equipos coa maioría de xogadores de idade superior.
O cadro fabrilista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo D, con estes rivais: EFM Boiro, CD Sar B e SD Esclavitud.
Os resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Antón) - EFM BOIRO 1
FABRIL FC ALEVÍN 7 (Javi Barral -3-, Thiago Montes, Manu Alcázar, Asier e un futbolista rival en propia meta) - CD SAR B 0
SD ESCLAVITUD 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Eito, Thiago Montes e Asier -2-)
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Javi Barral, Leo Sánchez, Seri e Antón) - NOIA CF 2
Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 7 (Mario González -3-, Asier -2-, Sergio Infante e Leo Sánchez) - EFM BOIRO 0
Final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - AROSA SC 3
O Alevín A, subcampión do Torneo do Erizana CF en Baiona
O Alevín A branquiazul participou o pasado martes 12 de abril na X edición do Torneo que organizou o Erizana CF de Baiona (Pontevedra) no campo de fútbol Val do Martín.
O conxunto branquiazul foi subcampión e só foi superado na final polo RC Celta (0-1).
Lucas López ademais foi nomeado mellor porteiro do torneo.
Os resultados do Alevín A foron os seguintes:
Primeira Fase
ALEVÍN A 3 (Iago Lameiro, Hugo González e un futbolista rival en propia meta) - RACING DE FERROL 0
AD VILA DO CORPUS 0 - ALEVÍN A 2 (Hugo González -2-)
UD RIBEIRA 0 - ALEVÍN A 5 (Pablo Somoza -2-, Eito, Iago Lameiro e Iago Varela)
Oitavos de final
ALEVÍN A 8 (Iago Lameiro -3-, Pablo Somoza -2-, Iago Varela e Gabri) - CIDADE DE RIBEIRA CF 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 4 (Gabri -2-, José Quiroga e Pablo Somoza) - ESCOLAS DENIS SUÁREZ 2
Semifinal
ALEVÍN A 4 (Gabri -2-, Iago Varela e Pablo Somoza) - CD CALASANZ 2
Final
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1
Medallas de prata para os fabrilistas en Lugo o pasado luns 11 de abril
Os dous conxuntos fabrilistas competiron o pasado luns no Torneo de Semana Santa que organizou o ADC Sagrado Corazón nos campos José María Rodríguez Lago (As Gándaras, Lugo).
Ambos os equipos estiveron a gran nivel e foron brillantes subcampións. Ademais, Iker Obeso foi o mellor xogador en categoría alevín e Brais Araújo o mellor porteiro en benjamines.
O Fabril FC Alevín quedou emparellado no grupo B da Primeira Fase co CD As Pontes, UD Ourense e ACD Piringalla.
Os seus resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo, Antón e Thiago Montes) - CD AS PONTES 0
UD OURENSE 2 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Íker Obeso -2-, Yael López e Javi Barral) - ACD PIRINGALLA 1
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Íker Obeso -3-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iker Obeso -2-) - UD OURENSE 0
Final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Yael López -2-) - PABELLÓN OURENSE CF 4
Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín tivo a estes rivais no grupo B da Primeira Fase: SDCyR Naron O Freixo, ADC Sagrado Corazón e ED Xuventude de Oroso.
Os seus resultados foron os seguintes:
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SDCyR NARÓN O FREIXO 0
ADC SAGRADO CORAZÓN 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Hugo Quintela -2-, Miguel Candal -2- e Thiago López)
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Thiago López) - URAL ESPAÑOL CF 0
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Thiago López -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1
Final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Miguel Candal) - PABELLÓN OURENSE CF 7





