RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Xuvenís, cadetes e infantís defenden as súas posicións de privilexio, con dous partidos, Cadete A e Infantil A, xa o venres en Abegondo

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA defenden esta fin de semana o liderado dos seus respectivos subgrupos. Tres deles fóra de Abegondo: Xuvenil A o domingo ás 12:00 en Santander ante o Atlético Perines; Xuvenil B o sábado ás 17:00 no Morrazo ante o Alondras CF; e Cadete B o domingo ás 12:15 en Lugo ante o CD Lugo B. E os outros tres en Abegondo: Cadete A e Infantil A o venres ás 19:00 ante o Atlético Coruña Montañeros CF; e o Infantil B, este con só dous partidos disputados, o sábado ás 12:15 ante o Ural Español CF B.

En Terceira División, a Fabril visita o domingo ás 17:00 ao CD Choco en busca da primeira vitoria nesta segunda fase da competición; mentres que o Deportivo ABANCA B recibe o sábado (16:45) en Abegondo ao Gijón FF co obxectivo de resarcirse da derrota da pasada fin de semana en Santander lastrado polas súas moitas baixas, caso de Jessica, Patri López, Carlota, Tati, Eva Dios, María Figueroa, Aroa Guerra, Marta Rico e Sara Álvarez, esta última debutante co Dépor ABANCA en Primera Iberdrola.

Esta fin de semana toca descanso para o Alevín de fútbol once no grupo A da Primeira Autonómica A Coruña.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
5ª xornada: CD CHOCO - FABRIL, o domingo 25 de abril ás 17:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación do grupo play off de ascenso: 1. Racing Villalbés, CD Estradense e CD Choco 40 puntos; 4. Fabril (un partido máis), 33 puntos; 5. Rápido de Bouzas (dous partidos menos), 32 puntos; 6. Silva SD, 30 puntos

Categoría feminina
3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - GIJÓN FF, o domingo 25 de abril ás 16:45 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: ... 3. Oviedo Moderno CF B, 37 puntos; 4. Gijón FF, 36 puntos; 5. Deportivo ABANCA B (un partido máis), 33 puntos; 6. CDE Racing Féminas B, 28 puntos...

Categoría xuvenil
3ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 25 de abril ás 12:00 no campo Vicente Miera (Santander)
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A, 49 puntos; 2. RC Celta, 47 puntos; 3. Sporting de Gijón e Real Racing Club, 42 puntos...

2ª xornada: ALONDRAS CF - XUVENIL B, o sábado 24 de abril ás 17:00 no campo do Morrazo (Cangas)
Clasificación da Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso: 1. Xuvenil B, 55 puntos; 2. RC Celta B, 49 puntos...

Categoría cadete
6ª xornada: CADETE A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o venres 23 de abril ás 19:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A, 12 puntos; 2. Ural Español CF, 6 puntos...

6ª xornada: CD LUGO B - CADETE B, o domingo 25 de abril ás 12:15 no campo Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A norte: 1. Cadete B, CD Lugo B e Viveiro CF, 9 puntos; 4. SCD Milagrosa, 3 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: INFANTIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o venres 23 de abril ás 19:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A, 12 puntos; 2. Victoria CF, 9 puntos; 3. Ural Español CF, 6 puntos...

Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 3ª xornada: INFANTIL B - URAL ESPAÑOL CF B, o sábado 24 de abril ás 12:15 en Abegondo (campo 7)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 2ª xornada: ALEVÍN A - IMPERÁTOR OAR B, o sábado 24 de abril ás 11:00 na Torre (campo 2.1)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, 2ª xornada: IMPERÁTOR OAR A - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 24 de abril ás 16:00 na Torre (campo 2.1)

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 3ª xornada: VICTORIA CF C - BENXAMÍN A, o sábado 24 de abril ás 9:30 na Torre (campo 1.1)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C, 3ª xornada: ORILLAMAR SD A - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 24 de abril ás 12:30 na Torre (campo 2.1)