RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Yeremay, Mella, Martín Ochoa e Puerto apadriñaron a festa do X Aniversario da Residencia do Hogar de Santa Margarita

Os futbolistas Yeremay, Mella, Martín Ochoa e Puerto apadriñaron onte mércores 13 de decembro a festa do X Aniversario da Residencia do Hogar de Santa Margarita. 

Desde hai 10 anos, os canteiráns branquiazuis que son de fóra da Coruña viven e estudan baixo a supervisión de Elkin Flórez, responsable de desenvolvemento persoal de #ANOSACANTEIRA, no devandito centro educativo situado ademais moi preto de ABANCA-RIAZOR, concretamente na rúa Valle Inclán (lindeira coa praza de Portugal).

Ao evento de onte á noite asistiron ademais o Director Xeral do Club, Massimo Benassi; o Director Deportivo, Fernando Soriano; o Director de #ANOSACANTEIRA, Albert Gil; e o técnico do Fabril, Óscar Gilsanz.

Os canteiráns que xa están en dinámica do primeiro equipo contaron a súa experiencia aos máis novos, que tamén o día de mañá soñan con xogar en ABANCA-RIAZOR diante de #ANOSAFORZA, e compartiron unha noite divertida con actuacións musicais, xogos, maxia e agasallos para todos.