RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Yeremay xa fai tarefas co grupo nunha sesión "con partes curtas pero moi intensas"

Yeremay entra na fase final da recuperación das molestias no seu xeonllo dereito que lle impediron entrar na convocatoria do partido ante o Sporting de Gijón.

O canteirán, como José Ángel e Jaime, realizou unha parte da sesión desta mañá entre os campos 2 e 3 da Cidade Deportiva co resto do cadro.

Estes 3 futbolistas realizaron a segunda parte cos readaptadores Nando Rodríguez e Alejandro Canosa.

Óscar Gilsanz dispuxo unha activacion con rondos, un exercicio de posesión e un partido en espazos amplos.

En rolda de prensa, Pablo Martínez explicou que "adestramos moi duro. Son partes curtas pero moi intensas".

O defensor francés, con ampla experiencia no fútbol profesional, pensa que "nos vén moi ben. Descansamos moi pouco, adestramos un pouco menos pero moito máis forte".

Están con traballo personalizado Bouldini e Dani Barcia. 

Pola súa banda, Alfaro e Aarón foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 11:00 horas na penúltima sesión antes de visitar ao Cádiz CF este sábado 30 de novembro ás 18:30 no Nuevo Mirandilla (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2). "Imos xogar un partido de fútbol como ante todos os demais equipos, e a tentar gañar. É o que vale no fútbol. Acaban de descender, é un bo equipo e nós imos facer o noso xogo e tentar gañar", resumiu Pablo Martínez.