RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Yohana prolonga o seu contrato co Dépor ABANCA até xuño de 2024

Yohana Gómez Camino (San Pablo de los Montes, Toledo, 20 de xaneiro de 1994) prolongou o seu contrato co Dépor ABANCA por unha temporada máis, até xuño de 2024.

A porteira toledana aterrou no Dépor ABANCA o pasado verán, procedente do Rayo Vallecano, equipo co que xogou 4 partidos da máxima categoría nacional e 1 de Copa da Raíña no curso 2021-22.

Na súa primeira campaña na Coruña, compartiu a portería con Lucía practicamente a medias. Yohana xogou 15 dos 36 encontros oficiais da temporada (11 de Primera Federación Iberdrola, 2 dos 4 do playoff de ascenso a Liga F e os 2 de Copa da Raíña) nos que soamente encaixou 13 goles.

A gardameta comezou a súa carreira nas filas do CDE Gálvez (2008-2012) e do CDE Guadamur (2012-2013), antes de pasarse un ano ao fútbol sala, co Almagro FSF (2013-2014). Despois de regresar ao CDE Guadamur (2014-2017) fichou polo CD Tacón (2017-2020) e xogou no Real Madrid CF na primeira temporada da súa historia (2020-2021). No conxunto branco compartiu portería con dúas coñecidas do deportivismo: Ana Valles e Misa.

Yohana súmase ao cadro deportivista 2023-24 tralas renovacións de Lucía Alba, Henar Muiña e Cris Martínez durante o curso 2022-23, as recentes ampliacións de Millene, Raquel García, Charle, Samara, Carlota Sánchez e Eva Dios, as xogadoras con contrato en vigor: Inés Altamira, Paula Gutiérrez e Ainhoa Marín, e as fichaxes de Clara Rodríguez (FC Barcelona B), Laurina (Real Betis Féminas), Sara Debén (Fundación Albacete Femenino), Ayaka Noguchi (CP Cacereño Femenino) e Ana de Teresa (Levante UD).