VETERANOS
A Asociación de Veteranos do Deportivo naceu no ano 1995, aínda que non foi até 2014, exactamente o 17 de marzo daquel ano, cando asina un convenio de colaboración co Club.
Presidida por Manuel Ríos Quintanilla "Manolete", xogador deportivista entre 1964 e 1972, a Asociación participa en actos benéficos por toda a xeografía galega, coa disputa de partidos cun equipo formado por ex xogadores branquiazuis, co obxecto de recadar fondos a favor de diferentes causas.
O seu equipo xogou o campionato nacional de Liga de Fútbol Indoor (competición disputada entre 2008 e 2014), inicialmente conformada por todos os clubs que se proclamaron algunha vez campións de Liga de Primeira División. Os ex futbolistas branquiazuis lograron senllos dobretes, conquistando a Liga e a Copa tanto en 2008 como en 2010.
Filtros
Buscar
Reset
23/05/2022 17:06 |
Goñi, xogador branquiazul entre 1967 e 1968, faleceu aos 78 anos
04/02/2022 20:47 |
Luis Muñoz, xogador deportivista no curso 1964-65, faleceu aos 86 anos
28/12/2021 11:00 |
Falece o doutor Cobián, médico dos seis títulos de #ANOSAHISTORIA
26/12/2021 11:56 |
Faleceu José Luis Aristín, fisioterapeuta do Dépor nos anos 90