RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Finalizacións, xogos e rondos nun Dépor que quere gañar o domingo ao CD Arenteiro e dar un pasiño cara ao obxectivo

O Deportivo completou esta mañá un novo adestramento no campo 3 da Cidade Deportiva a base de xogos, rondos e unha tarefa de finalizacións.

En rolda de prensa, Imanol Idiakez apuntou que "hai que gañar ao CD Arenteiro, 3 puntos máis e un pasiño cara ao obxectivo".

Lucas e Mella estiveron hoxe con adestramento personalizado. O técnico deportivista confirmou que de cara ao partido deste domingo 28 de abril en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, TVG-2 e FEF TV) "Hugo Rama é baixa un tempo. Imos ver como evoluciona esa lesión. Tanto David Mella como Lucas é unha sobrecarga normal da altura da temporada á que estamos. Mella é o golpe que levou. Se non cambian nada van estar para o domingo".

Confirmou tamén que Ximo Navarro "está en dinámica do equipo. Logo teremos que valorar como chegan, expor o partido pero a nivel de posibilidades van estar os 3".

Rubén López e Martín Ochoa foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado os futbolistas branquiazuis están citados para almorzar a partir das 8:30 e saltar ao céspede ás 11:00 no último adestramento antes do partido.