RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol, goleadora de novo con Venezuela, non pode con Colombia na segunda xornada da Fase Final do Campionato Suramericano sub-20

-Foto:@fvf.com.ve

 

Michi Apóstol (na foto co número 7) está concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputa durante este mes en Guayaquil (Ecuador).

Onte á noite, a atacante deportivista disputou o seu segundo partido da Fase Final, ante Colombia no Estadio Alberto Spencer Herrera.

Ambos os conxuntos xa se viron as caras na Primera Fase do torneo, nun choque que acabou con triunfo (4-1) colombiano. 

Nesta segunda cita volveu gañar Colombia, esta vez por 3-2 cun tanto de Gabriela Rodríguez no desconto.

Michi Apóstol saíu de inicio e marcou no minuto 82 o segundo gol do seu equipo que significaba a igualada provisional no marcador. Após recibir un pase longo, a atacante deportivista anota ao gañar as costas á súa defensora.

A próxima cita para Venezuela no torneo será o luns 29 de abril ás 23:00 (hora española) ante Perú.

A futbolista branquiazul iniciou na madrugada do pasado mércores en España ante Paraguay esta Fase Final.

As paraguaias accederon como campioas do grupo A mentres que as venezolanas como terceiras clasificadas do grupo B.

A atacante deportivista xogou completo un encontro saldado con derrota de Venezuela (2-0).

Os rivais na Primeira Fase da 'Vinotinto' foron Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Michi Apóstol xogou completos os 4 partidos.

Neles, Venezuela gañou a Bolivia (6-0) e Chile (1-0); e caeu con Brasil (1-2) e o citado ante Colombia (4-1). A futbolista branquiazul anotou 1 gol ante Bolivia e ademais deu unha asistencia. 

O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 12 de abril
VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0

Mércores 17 de abril
COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1

Venres 19 de abril
VENEZUELA 1 - BRASIL 2

Sábado 20 de abril
VENEZUELA 1 - CHILE 0

Fase Final
Mércores 24 de abril
PARAGUAI 2 - VENEZUELA 0

Venres 26 de abril
COLOMBIA 3 - VENEZUELA 2

Luns 29 de abril
23:00: PERÚ - VENEZUELA

Michi Apóstol é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.