RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A deportivista Ainhoa Marín, convocada pola selección española sub-23 para un amigable ante Noruega

A xogadora do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín foi convocada pola Selección Española Absoluta Promesas (sub-23) para un amigable que terá lugar o vindeiro luns 29 de novembro ás 18:00 ante Noruega.

Nunha semana con parón ligueiro en Reto Iberdrola, a dianteira deportivista incorporarase á concentración do equipo nacional o vindeiro xoves 25 de novembro. O seu regreso á Coruña está previsto para o martes 30.

Ainhoa Marín colle o testemuño de Eva Dios, que o pasado mes de setembro disputou dous partidos amigables coa selección española sub-20 en Costa Rica.