RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Fundación Loyola e o Dépor na entrega de fondos recadados na "III Champions for life"

O luns ás 12:00 horas, a sala de bandeiras de LaLiga acollerá a entrega dos fondos recadados na terceira edición de Champions for life, que tivo lugar o pasado 29 de decembro no Benito Villamarín cun partido entre a selección andaluza e unha selección de xogadores de LaLiga. Representando ao Deportivo naquel encontro participou Raúl Albentosa.

No acto repartirase a recadación entre os proxectos que varios clubs presentaron para ser beneficiarios desta axuda. E aí o Deportivo ten presenza a través da súa área social, dirixida por Martín Pita e Gelines Romero. Entre os proxectos seleccionados que resultaron máis acordes coa finalidade humanitaria perseguida, referida a necesidades básicas da infancia e supervivencia infantil, atópase o presentado polo Dépor: o proxecto: "Sementes de Amanhã". A entidade beneficiaria é a Fundación Loyola Galicia, e o colectivo ao que se dirixe 70 nenos orfos (de maneira directa) e 500 indirectamente a través dun programa de alimentación de aldeas en Ulongüe, distrito de Tsangano, Tete, Mozambique.

No acto de entrega, ademais dos responsables da área social do Deportivo estará Susana Vázquez, representante da Fundación Loyola Galicia. Xunto a eles estarán, Juan José Hidalgo, presidente da Fundación de LaLiga, Carmelo Angulo presidente de UNICEF Comité Español, Javier Tebas, presidente de LaLiga e representantes do resto de clubs e entidades benéficas que, cos seus proxectos, foron merecedores desta axuda.

Un proxecto presentado polo RC Deportivo, entre os beneficiarios da recadación de 'Champions for Life'