RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ainhoa Marín, nova xogadora do Dépor ABANCA 2021-2022

Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

Ainhoa Marín xoga como dianteira e chega procedente do CE Seagull da súa localidade natal, co que a pasada temporada actuou en Reto Iberdrola. Ainhoa Marín xogou 23 partidos e anotou 7 goles, axudando ao seu equipo a alcanzar a novena praza do Grupo Norte e asegurar a súa continuidade na categoría de prata.

Formada nas categorías inferiores (xogou en infantil, cadete e xuvenil) do FC Barcelona, en 2018 fichou polo RCD Espanyol despois da súa única temporada nas filas do equipo B azulgrana. Xa como xogadora espanyolista foi protagonista dunha das maiores xestas do fútbol español, xa que formou parte da selección sub-17 que proclamouse campioa do mundo da categoría a finais de 2018 en Uruguai. Naquela selección tamén xogaba a ex deportivista María Méndez.

Despois de dúas campañas no RCD Espanyol, nas que acumulou 31 partidos e 1 gol en Primera Iberdrola, o pasado verán incorporouse ao CE Seagull.

Ainhoa Marín foi, ademais, internacional con España en categoría sub-19, compartindo convocatorias coa deportivista Carlota Sánchez e coas tamén novas xogadoras branquiazuis María Ruiz e Paula Gutiérrez, e sub-20, onde coincidiu coas ex deportivistas María Méndez, Teresa Abelleira e Athenea del Castillo.