RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Albentosa: Eu non vin aquí a quedar o cuarto pola cola

Raúl Albentosa foi o protagonista hoxe venres na sala de prensa de Abegondo. Manifestó que "toda a semana estivemos a traballar o tema físico para aguantar más os partidos que veñen, pero pensando sempre no partido ante o

O central deportivista cre que estes dous días de descanso do mes de novembro, motivado polo parón das seleccións nacionais, "están ben para a xente se está un pouco saturada ou angustiada. Eu persoalmente preferiría xogar todos os fins de semana".

Desde A Coruña pola súa sanción por acumulación de amoestacións, opina que o partido do pasado sábado en Granada foi "de moita tensión, eles xogábanse bastante, nós tamén nos xogabamos bastante porque estamos aí nunha situación... xa sabedes como. Creo que foi un partido raro. Pero soubemos dar a cara e cambiase todo con ese gol".

Albentosa, un gañador nato, asegura que se rebela ante o feito de pelexar polo descenso: "Eu non quero iso. Eu non vin aquí a tentar estar... evidentemente logo como van avanzando os partidos e a tempada, xa decidirás e dirás, bo, que queden tres por baixo. Pero a estas alturas de tempada nin de broma. Eu non vin aquí a quedar o cuarto pola cola".

Nesta liña, explica que "cando teñamos a eficacia de terminar en gol e teñamos a sorte de que cheguen, van chegar os puntos. Hai outros equipos que lles meten moitos goles pero tamén meten moitos goles. Están a gañar moitos partidos pola pequena sorte esa de meter máis que o contrario".

Ve aos compañeiros adestrando "ben. A xente está dinámica, activa. E logo si que é verdade que logo un pouquiño máis de tensión pode haber. É o principio, estás a ver que non acaban de saír as cousas. Todo ten que volver á súa canle".