RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alumnos de Arquitectura da UDC visitan ABANCA-RIAZOR para coñecer a historia e a evolución de #anosacasa

Unha ducia de estudantes de 4º curso de Arquitectura da Universidade da Coruña, acompañados por catro profesores, percorreron o Estadio ABANCA-RIAZOR para coñecer un pouco máis sobre a historia e a evolución do recinto.

Os alumnos da UDC visitaron as instalacións como parte da súa tarefa na materia de Historia da Arquitectura, xa que ABANCA-RIAZOR é unha parte fundamental da Cidade Xardín coruñesa, barrio sobre o que estiveron traballando durante o presente curso.

Estudantes e profesores recibiron unha pequena charla inicial sobre a evolución do Estadio, centrada na súa construción orixinal entre 1939 e 1944 e as grandes reformas realizadas para a Copa do Mundo da FIFA de 1982 e para pechar o coliseo por completo na segunda metade dos anos 90. A visita completouse observando de preto as obras máis recentes, como a cuberta, os bancos, a Área 1906 ou as diferentes zonas nas que traballan os medios de comunicación.