Andrade foi intervido con éxito esta tarde na Clínica Asepeyo
Jorge Andrade foi intervido esta tarde na Clínica Asepeyo de San
Cugat polos doutores Josep Borrell, César Cobián e Sergi Sánchez. O
futbolista portugués sufriu unha ruptura completa de ambos os aleróns e tendón
rotuliano a nivel da súa inserción en rótula co seu extremo distal completamente
esfiañado.
canaldeportivo, A Coruña05/03/2006 21:57
Na intervención cirúrxica, os doutores procederon á
súa inserción mediante a aproxiamción rótula-tendón rotuliano con control
radiológico e plastia con tendóns semitendinoso e retrointerno como reforzo e
sutura de ambos os aleróns.
Andrade permanecerá ingresado na Clínica o próximos catro ou cinco
días. O tempo aproximado de recuperación será entre 5 e 6 meses.
As despedidas sempre son tristes. Con todo, lévome da
Coruña e do Real Club Deportivo unha chea de recordos, moitos e
bos amigos e sobre todo o agarimo dunha cidade irmá ao meu país e
o recoñecemento duns afeccionados que sempre me apoiaron, aínda nos
malos momentos.
O Real Club Deportivo e a Juventus chegaron hoxe a un
principio de acordo para o traspaso do futbolista portugués Jorge Andrade ao cadro italiano. O internacional portugués desprazarase nos próximos días a Turín para formalizar a súa incorporación ao histórico club italiano. Jorge Andrade chegou ao Deportivo na tempada 2002-03
procedente do O Porto de Portugal. Disputou no Deportivo un total de 157
partidos oficiais entre Liga, Champions League, Copa Intertoto e
Copa do Rei e anotou tres goles, un deles, ante o Newcastle en Riazor
na Copa Intertoto da tempada 2005-06, de moi bela
factura.
O central deportivista Fabricio Coloccini foi citado pola Selección de Arxentina para disputar, o vindeiro sábado 2 de xuño en Basilea, un amigable ante Suíza. Por conseguinte, Coloccini únese a Andrade, Estoyanoff, Aouate, De Guzman, Bodipo e Adrián, con compromisos internacionais; ademais da preconvocatoria de Barragán e Fabricio para o Campionato do Mundo Sub-20.