RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bo test para o Deportivo en Pasarón (1-2)

Deportivo e Pontevedra déronse cita en Pasarón para un dos últimos partidos de pretemporada de dous equipos que compartirán competición en pouco máis de 10 días. Un encontro disputado á hora habitual dos adestramentos e sen público, bo campo de probas para os axustes de ambos os técnicos.

A primeira parte desenvolveuse con moito xogo no centro do campo, cun predominio do control dos branquiazuis sobre o granates pero sen apenas chegadas nin ocasións claras. Se alguén puido marcar foi o Pontevedra até en tres oportunidades. A máis clara, a primeira de Charles nun man a man con Carlos Abad ben resolto polo porteiro deportivista. Rufo desviado no 25 e Zabaleta ás mans do canario no tramo final do primeiro tempo completaron o trío de ocasións locais antes do descanso. Entre elas, a oportunidade de Álex Bergantiños á saída dun córner lanzado por Nacho González. O bo remate do capitán atopou unha gran resposta do porteiro local, Mario, para evitar a única que, con claridade, podía ter entrado antes de que o partido continuase con cambios en ambos os equipos.

Un disparo de Óscar raso blocado por Abad, unha falta directa fóra de Jorge Fernández e un paradón a falta de Adrián Cruz e posterior rexeite, a porta baleira, alto de Charles, foron as principais ocasións locais antes de que se movese o marcador. Por parte do Dépor, Lara serviu para Nacho González, que acabou disparando desviado. Após a expulsión de Charles por bloquear un saque do porteiro e protestar ao árbitro chegou o primeiro gol no 76 cunha recuperación e contra do Pontevedra por banda dereita e asistencia ao punto de penalti para o remate inapelable de Adrián Cruz. Tamén desde o punto de penalti, pero pola sinalización dunha pena máxima sobre Keko, atopou as táboas o Dépor grazas ao tanto de Beauvue. De novo Claudio, a balón parado tocando lixeiramente o centro chute de falta de Keko Gontán puxo o 1-2 definitivo no marcador. Buscou as táboas o Pontevedra na última xogada do partido cun disparo de Álex González que atallou Carlos Abad antes de que Ferrol Muñiz sinalase o final do choque.

Pontevedra CF: Mario (Álvaro Cortés, min. 60), Zabaleta (Iñaqui, min. 72), Víctor Vázquez, Rufo (Samu Vilariño, min. 72), Romay (Santi, min. 60), Jorge Fernández (Borja Martínez, min. 60), Imanol García (Adrián Cruz, min. 60), Óscar (Pol Bueso, min. 60), Charles, Aitor (Álex González, min. 60) e Xisco Campos (Oier Calvillo, min. 60).

Deportivo: Carlos Abad, Bóveda (Juan Rodríguez, min. 78), Derik (Mujaid, min. 46), Borja Granero, Héctor Hernández (Salva Ruiz, min. 46) (Valín, min. 52), Gandoy, Álex Bergantiños (Lara, min. 46), Borges, Nacho González, Miku (Keko, min. 46) e Adri Castro (Claudio Beauvue, min. 46).

Goles: 1-0 Adrián Cruz (min. 76); 1-1 Claudio Beauvue, de penalti (min. 82); 1-2 Claudio Beauvue (min. 86).

Árbitro: Ferrol Muñiz (c. Galego). Amoestou a Gandoy (min. 44), Borja Granero (min. 52), Borges (min. 83) e expulsou por dobre amarela a Charles (min. 70).

Incidencias: partido amigable disputado a porta pechada no Estadio Municipal de Pasarón (Pontevedra).