RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Galán continuará dúas campañas máis no Dépor

Borja Galán González (Madrid, 26 de abril de 1993) asinou a súa continuidade no RC Deportivo por dúas campañas máis, até xuño de 2022.

Formado na canteira do Atlético de Madrid, Borja Galán chegou ao Fabril en 2016 despois dunha temporada no filial do Getafe CF, na que disputou 36 encontros e marcou 8 goles en Segunda B. Con anterioridade, alcanzara a internacionalidade coa selección española sub-20, coa que disputou o Torneo Internacional de L'Alcúdia en 2012.

O extremo madrileño xogou dúas campañas no filial deportivista, nos que marcou 12 tantos (3 en Segunda B e 9 en Terceira), entre eles o que abriu o camiño do ascenso a Segunda División B, no partido de volta do playoff de ascenso fronte ao Cacereño.

A súa boa campaña na categoría de bronce co Fabril concedeulle a posibilidade de estrearse en Segunda, ao asinar coa AD Alcorcón, aínda que cunha opción de repesca. Tamén sobresaíu no seu debut en Segunda (33 partidos e 2 goles), o que provocou o seu retorno ao Deportivo, aínda que despois de 13 encontros na primeira metade da liga, Borja Galán saíu no mercado de inverno, cedido ao Real Racing Club de Santander.