RCD / NOVAS

Borja Granero, novo xogador do Dépor 20·21

03/09/2020 11:13

Borja Granero Niñerola (Valencia, 30 de xuño de 1990) convértese en novo xogador do RC Deportivo para a Temporada 2020-2021 e dúas campañas máis.

Defensa central ou centrocampista defensivo, Borja Granero formouse na canteira do Valencia CF e procede do Extremadura UD. Co club de Almendralejo disputou 71 dos 84 partidos que xogou en Segunda División nas dúas últimas temporadas.

O futbolista valenciano acumula 123 partidos de experiencia na división de prata do fútbol español, na que defendeu as camisetas de Recreativo de Huelva, Real Racing Club de Santander e o conxunto estremeño. Ademais, disputou outros 120 encontros na categoría de bronce nas filas do Villajoyosa CF e do club cántabro, co que logrou o ascenso a Segunda na Temporada 2013-2014.

Máis novas de: BORJA GRANERO