RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 4 e 5 de febreiro

A visita do Fabril, segundo clasificado en Terceira División, ao Arosa, quinto na táboa, é o partido máis interesante esta próxima fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O xogo está fixado para o domingo 5 de febreiro ás 17:00 horas no campo da Lomba (Vilagarcía).

En Abegondo xogan este sábado Cadete B, Infantil A e Infantil B. Para os dous primeiros partidos, ambos de Liga Galega contra os respectivos equipos do Victoria, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Toca descanso nesta ocasión para o Deportivo Abanca B, debido á disputa da segunda fase do Campionato de Seleccións Territoriais Sub-16 e Sub-18.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
AROSA - FABRIL, o domingo 5 de febreiro ás 17:00 na Lomba (Vilagarcía)
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 49 puntos; 2. Racing Vilalbés e Fabril, 45 puntos; 4. Cerceda, 43 puntos; 5. Arosa, 40 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Milagrosa, 25 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 19 puntos; 11. Arcadia, 16 puntos...

Categoría xuvenil
Amigable, xogado onte xoves: XUVENIL A 3 (Adrián -2- e Manu) - SILVA (Terceira División) 1
TROPEZÓN - XUVENIL A, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 no campo de Santa Ana (Tanos)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 50 puntos; 2. Celta, 47 puntos; 3. Xuvenil A, 44 puntos; 4. Oviedo e Lugo, 40 puntos...

SANTA MARIÑA - XUVENIL B, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 en Cotogrande - 2 (Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 51 puntos; 2. Xuvenil B, 45 puntos; 3. Racing de Ferrol, 39 puntos...

Categoría cadete
URAL - CADETE A, o sábado 4 de febreiro ás 18:30 en Elviña
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 58 puntos; 2. Cadete A, 51 puntos; 3. Victoria, 44 puntos...

CADETE B - VICTORIA B, o sábado 4 de febreiro ás 12:15 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 48 puntos; 2. Cadete B, 44 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros (un partido menos), 41 puntos...

Categoría infantil
Amigable, xogado o pasado mércores: INFANTIL A 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B (cadete) 2
INFANTIL A - VICTORIA, o sábado 4 de febreiro ás 11:45 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 56 puntos; 2. Ural, 55 puntos; 3. Xuventude de Oroso, 47 puntos...

INFANTIL B - OBRERO, o sábado 4 de febreiro ás 10:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 54 puntos; 2. Imperátor, 47 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once, segunda xornada: SAN TIRSO - ALEVÍN A, o domingo 5 de febreiro ás 12:00 no Monte (San Tirso)

OBRADOIRO - ALEVÍN B, o sábado 4 de febreiro ás 12:00 na Torre 2
Clasificación da Segunda Fase Comarcal: 1. Calasanz C, 9 puntos; 2. Alevín B e Ural C, 7 puntos; 4. Victoria C e Imperátor C, 6 puntos...

Categoría benxamín
URAL A - BENXAMÍN A, o sábado 4 de febreiro ás 12:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 51 puntos; 2. Olímpico A, 43 puntos...

Amigable, xogado o pasado martes: BENXAMÍN B 12 (Iago -3-, Anxo -3-, Diego -2-, David, Raúl e Nico -2-) - IMPERÁTOR A 5
BENXAMÍN B - CALASANZ C, o sábado 4 de febreiro ás 12:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 40 puntos; 2. Ural C, 35 puntos...