RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA 14 e 15 de xaneiro

Primeiro fin de semana do ano 2017 con todos os equipos da canteira deportivista en competición oficial.

En Terceira División, o Fabril, en xeira vitoriosa de resultados, visita mañá domingo 15 ao Bergantiños, ás cinco da tarde.

Cristóbal Parralo citou a estes xogadores: Anxo, Alex Cobo, Blas, Quique Fornos, Naveira, Arnau, Edu, Manu Molina, Hugo Rama, Lucas, Queijeiro, Álex Corredera, Borja Galán, Jorge Carreón, Marcos Legaz, Borja Domingo e Jardel.

En canto ao resto de categorías, sobresae o cuádruplo enfrontamento co Lugo: en xuvenís (Xuvenil B), cadetes (División de Honra e Liga Galega) e infantís (Liga Galega). De momento, e a falta dos partidos de mañá domingo (Cadete B e Infantil A), o balance hoxe en Abegondo foi dunha vitoria (Cadete A) e un empate (Xuvenil B).

En categoría alevín, o Alevín A eliminou ao Obrero e clasificouse para a Fase Final Norte do Campionato Galego, que se xogará nunha sede por designar no mes de maio.

Por outra banda, o Alevín B iniciou cunha igualada ante o Ural a Segunda Fase, unha competición en formato de liga a dobre volta.

Tamén volveu á competición tras o parón do Nadal o Benjamín B, cun empate (4-4) en Carballo, nun choque disputado cunha fría temperatura dada tamén a hora de comezo: 10:00.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
BERGANTIÑOS - FABRIL, o domingo 15 de xaneiro ás 17:00 nas Eiroas (Carballo)

 

Categoría feminina
Primeira Autonómica feminina: DEPORTIVO ABANCA B - CP ALERTANAVIA, o domingo 15 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

 

Categoría xuvenil
División de Honra: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 15 de xaneiro ás 12:00 na Albericia (Santander)
Liga Nacional: XUVENIL B 1 (Rojo) - LUGO B 1

 

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Pichu -2-) - LUGO 1
Liga Galega, grupo 1º: LUGO B - CADETE B, o domingo 15 de xaneiro nas 12:00 nas Gándaras 1

 

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: LUGO - INFANTIL A, o domingo 15 de xaneiro ás 10:30 nas Gándaras 1
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 4 (Hugo Baldomar -4-) - ATLÉTICO LOS CASTROS 1

 

Categoría alevín
Segunda Fase das Primeiras Comarcais, volta: ALEVÍN A 6 (Mella -2-, Diego -2-, Domínguez e Yago) - OBRERO A 0. Na ida: 5-2
Segunda Fase alevín, A Coruña, primeira xornada: ALEVÍN B - URAL C, o sábado 14 de xaneiro ás 13:00 na Torre

 

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 8 (Eli -3-, Bruno -2-, Álex -2- e Pablo Fernández) - SPORTING CAMBRE A 0
Segunda Comarcal A Coruña: LUÍS CALVO SANZ C 4 - BENXAMÍN B 4 (Íker, Xabi, Marco e Anxo)