RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 10, 11 e 12 de febreiro

A xornada desta fin de semana para #ANOSACANTEIRA arrancou onte venres 10 de febreiro en Abegondo coa vitoria do Alevín A sobre o Atlético Coruña Montañeros (2-0), na terceira xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

En Terceira División, o Fabril recibe ao pechacancelas Órdenes o domingo 12 de febreiro ás 12:00, coa intención de sumar tres puntos, despois da derrota da pasada fin de semana do filial deportivista en Vilagarcía.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a todo o seu plantel.

Dos demais partidos das categorías inferiores, sobresaen tres, dous deles na cidade deportiva:

O Xuvenil A, terceiro na División de Honra, empatou (1-1) co Oviedo, cuarto clasificado, coas cámaras de Gol en directo.

Na liga Galega, o Cadete B, segundo na táboa, igualou (3-3) co Atlético Coruña Montañeros, terceiro. Os branquiazuis adoeceron de falta de puntería, posto que desperdiciaron innumerables oportunidades.

Xa mañá, o Infantil B, líder do Grupo 1 da Primeira Autonómica, visita ao Imperátor, segundo clasificado, Un triunfo deportivista supoñería case unha sentenza definitiva ao campionato.

En categoría feminina, o Deportivo Abanca B regresa á competición, tamén mañá ás 16:00 horas na Leyma, co derbi coruñés ante o Victoria B.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - ÓRDENES, o domingo 12 de febreiro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: VICTORIA B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de febreiro ás 16:00 na Leyma

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 1 (Ortuño) - OVIEDO 1

Liga Nacional: RACING VILLALBÉS 3 - XUVENIL B 1 (Nico)

Categoría cadete
División de Honra: BERGANTIÑOS 1 - CADETE A 3 (Julián -2- e Bruno)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 3 (Pol -3-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 3

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 6 (Jairo, Dani Barcia, Novoa -2-, Jorge e Noel) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: IMPERÁTOR - INFANTIL B, o domingo 12 de febreiro ás 12:00 na Grela 2

Categoría alevín
Torneo Luis Calvo Sanz de fútbol once, terceira xornada: ALEVÍN A 2 (Pablo e Domínguez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0

Segunda Fase: ALEVÍN B - VICTORIA C, o domingo 12 de febreiro ás 10:00 en La Torre 2

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 10 (Jairo -4-, Marcos -2-, David, Bruno, Montes e Carlos) - SAN TIRSO A 0

Segunda Comarcal A Coruña: VICTORIA C 1 - BENXAMÍN B 5 (Anxo -2-, Ismael, Nico e Pablo)