RCD / NOVAS

Calendario e resultados en #ANOSACANTEIRA, co décimo título sumado esta vez polo Benxamín A

20/05/2017 22:58

Unicamente cinco equipos de #ANOSACANTEIRA teñen competición oficial este fin de semana: Fabril, Deportivo Abanca B, Xuvenil A, Alevín A e Benxamín A. Teñen descanso ligueiro Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A; con todo decidido (Xuvenil B e Cadete A subcampións) e Infantil A (campión). Só se xoga o título o Cadete B (Liga Galega), que depende de si mesmo nos próximos encontros para ser campión.

Hoxe, o Benxamín A logrou en A Laracha o décimo título (campión da Fase Norte do Campionato Galego de fútbol oito) para #ANOSACANTEIRA esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Fabril (Terceira División); Infantil A (grupo 1º da liga Galega), Infantil B (Primeira División Autonómica, grupo 1), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luís Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase grupo 1º), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Mañá domingo, o Fabril visita ao Cacereño no partido de ida da eliminatoria de campións, pertencente ao Play Off de Ascenso a Segunda División B. O choque, televisado por TVG2, xogarase no Estadio Príncipe Felipe ás 12:00 horas.

O Cacereño é o campión do grupo 14 de Terceira División, correspondente a Extremadura. Sumou na liga un total de 92 puntos, con 29 partidos gañados, 5 empatados e 4 perdidos. En total anotou 81 goles e encaixou unicamente 16.

Cristóbal Parralo leva a estes xogadores: Anxo, Álex Cobo, Quique Fornos, Blas, Lucas, Arnau, Nacho Monsalve, Carlos López, Manu Molina, Álex Corredera, Edu Expósito, Borja Galán, Borja Domingo, Jardel, Óscar e Jorge Carreón.

En categoría feminina, o Deportivo Abanca B inicia a Copa de Primeira División. Mídese na Coruña ao Victoria B nunha eliminatoria de oitavos de final a partido único.

E na Copa do Rei xuvenil, o Xuvenil A afronta cunha renda de 2 goles (2-0 en Abegondo na ida) ante Osasuna, o partido de volta de oitavos de final, mañá domingo 21 de maio ás 12:00 en Tajonar (Navarra).

Teñen torneo amigable estes equipos: Infantil A (en Zaragoza); Infantil B (en Lugo); Alevín B (Ourense) e Alevín A e Benxamín B (en Rianxo). Por este motivo, o Alevín B disputará o seu partido de liga correspondente o martes 23 de maio en Abegondo.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
Play Off de Ascenso a Segunda División B, eliminatoria de campións, ida: CACEREÑO - FABRIL, o domingo 21 de maio ás 12:00 no estadio Príncipe Felipe (Cáceres)

Categoría feminina
Copa Primeira División, oitavos de final (partido único): VICTORIA B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de maio ás 12:00 na Leyma

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, volta: OSASUNA - XUVENIL A, o domingo 21 de maio ás 12:00 en Tajonar (Navarra). Na ida: 0-2

Categoría alevín
Fase Norte do Campionato Galego en Ribeira
Sábado 20 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Carlos e Javi) - BERTAMIRÁNS 0
NARÓN 0 - ALEVÍN A 3 (Noah e Yago -2-)
ALEVÍN A 5 (Noah, Meki, Sierra, Domínguez e Zerfu) - ATLÉTICO RIBEIRA 0

Semifinal
ALEVÍN A 1 (Dani) - LUGO 2

Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 5 (Mella, Yago -2-, Domínguez e Diego) - BERTAMIRÁNS 0

ALEVÍN B - SPORTING CORUÑÉS B, o martes 23 de maio ás 19:30 en Abegondo
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B (xa campión), 46 puntos; 2. Calasanz C, 38 puntos...

Categoría benxamín
Fase Final Norte do Campionato Galego en A Laracha
Sábado 20 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 1 (Álex) - URAL 0
NUMANCIA 1 - BENXAMIN A 3 (Marcos, Álex e Pablo Fernández)
BENJAMÍN A 4 (Erick, David, Dani e Bruno) - EF LALÍN 1

Semifinal
XUVENTUDE OROSO 1 - BENXAMÍN A 1 (Erick). Por penaltis: 2-3

Final
NUMANCIA DE ARES 1 - BENXAMÍN A 4 (Eli -2-, Jairo e David)