RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlota renova por unha temporada co Dépor ABANCA

Carlota Sánchez Sánchez (A Coruña, 21 de xaneiro de 2002) renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha temporada, até xuño de 2022.

Despois do seu primeiro curso completo na dinámica do primeiro equipo, Carlota cumprirá a súa quinta campaña no Club, ao que se incorporou na temporada 2017-2018 procedente do Orzán SD, e no que até agora principalmente participou no segundo equipo.

Internacional sub-17 e sub-19 en numerosas ocasións, a centrocampista coruñesa debutou co Dépor ABANCA con 16 anos (o 23 de setembro de 2018 fronte ao CD Monte en Abegondo) e en Primera Iberdrola con 17. Desde entón disputou 16 encontros co Deportivo ABANCA: 10 en Primera Iberdrola e 6 en Segunda División, nos que marcou un tanto.