RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlota Sánchez renova co Dépor ABANCA

Carlota Sánchez Sánchez (A Coruña, 21 de xaneiro de 2002) renova por unha temporada o seu compromiso co Deportivo ABANCA, o que supón ademais a súa incorporación definitiva á dinámica de traballo do primeiro equipo branquiazul en pretemporada e durante o traballo anual. Após unha campaña na disciplina do equipo de Primeira Iberdrola alternando traballo e competición co filial, a internacional sub-19 coruñesa súmase ao equipo de Primeira Iberdrola con ficha do filial.

Na Temporada 2019-2020, participou con Manu Sánchez en 5 partidos, os cinco sumando desde o banco un total de 67 minutos de primeiro contacto coa máxima categoría do fútbol español. Debutou en casa no 5-1 ao Sporting Huelva e completou as súas aparicións fronte a Betis (3-4), Athletic (0-2), Espanyol (0-3), e Rayo (2-1).

Co Deportivo ABANCA B xogou 17 partidos (16 como titular), un total de 1.456 minutos e anotou 3 goles.

A renovación de Carlota únese ás de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino e Noelia Villegas; e ás fichaxes de Noelia Bermúdez, Stephannie Blanco e Helena Torres.