RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Centenares de deportivistas pasáronse por ABANCA-RIAZOR a estar co xuvenil campión

Nunha semana especial e histórica para A Nosa Canteira, coa disputa da volta da primeira eliminatoria da Ruta dos Campións da UEFA Youth League en ABANCA-RIAZOR, a primeira das actividades que tivo lugar foi un sinxelo acto que tivo lugar no Estadio Deportivista esta tarde.

Durante dúas horas, os xuvenís que se proclamaron campións de España o pasado mes de xuño en Marbella tiveron un encontro con centenares de Deportivistas de todas as idades e que hai unhas semanas fixeran a súa achega a #UnDosMeus, a iniciativa de apoio á canteira auspiciada polo actor Xosé Antonio Touriñán.

Coa súa postal dedicada ou unha camiseta deseñada ao efecto de #UnDosMeus, recollida no acceso ao Estadio, percorreron a pista que rodea o terreo de xogo para que lla asinasen ou facerse unha foto cos membros da canteira branquiazul. Xunto a Xosé Antonio Touriñán estiveron en ABANCA-RIAZOR: Álex González, Barcia, Brais, Delgado, Diego, Jairo, Mario, Martín, Mauro, Mella, Nacho, Nájera, Noel, Padín, Raúl, Ríos, Rodrigo, Seidy, Trilli, Urdiales e Víctor.

Após o acto, os futbolistas dirixíronse á Cidade Deportiva de Abegondo para o penúltimo adestramento de preparación do partido da UEFA Youth League. Os Deportivistas que non puideron asistir á cita nese tramo horario a recoller as súas camisetas poderán retiralas a partir de mañá na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR.

Entrada (gratuíta e obrigatoria) para socios e solidaria para afeccionados para a UEFA Youth League