RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cris e o Dépor ABANCA amplían o seu compromiso até 2022

A lateral dereita Cris Martínez asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA por dúas temporadas máis, até xuño de 2022.

Cris, que o próximo mes de xuño cumprirá 27 anos, chegou ao equipo branquiazul o mesmo verán da súa creación, no ano 2016. Natural de Astorga, foi unha das poucas xogadoras de fóra de Galicia que formou parte do primeiro cadro da historia do Dépor ABANCA.

A defensa leonesa, que xa disputou o primeiro Teresa Herrera xogado polo equipo branquiazul e o encontro de debut oficial fronte ao Oviedo Moderno CF en Ponte dos Brozos, acumula 85 partidos e 2 goles nas súas tres campañas e media nas filas deportivistas. A súa participación divídese da seguinte forma: 20 partidos en Primeira Iberdrola, 59 en Segunda División, 4 de playoff de ascenso e 2 de Copa da Raíña.