RCD / NOVAS

Diego Villares incorpórase á disciplina do primeiro equipo

01/02/2021 20:27

Diego Villares Yáñez (Vilalba, 17 de xuño de 1996) incorpórase, até final de temporada, á disciplina do primeiro equipo do Real Club Deportivo. Co dorsal 22 que portou até este momento Diego Rolan, o centrocampista lucense dará este paso adiante na súa carreira após defender a camiseta do Fabril as dúas últimas temporadas e media, ao que chegou procedente do RC Villalbés, onde se formou até chegar ao primeiro equipo chairego e no que volveu xogar cedido polo propio Dépor.

Esta campaña foi un dos xogadores de confianza de Juan Carlos Valerón, sumando máis de 1.000 minutos co filial, do que é un dos capitáns, e anotando 2 goles.

Máis novas de: DIEGO VILLARES