RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Duscher: A actitude é fundamental para gañar fóra

Aldo Pedro Duscher comentou este mediodía as súas impresións sobre o encontro de Copa ante o Valladolid que se disputa este mércores en Zorrilla. Para o mozo xogador branquiazul "gañando partidos imos saír desta situación" e destacou a importancia de gaña

Duscher engadiu "está claro que o domingo non se xogou ben, que non presionamos, e aínda que levamos dous goles de vantaxe, eles van saír a matar e a non deixarnos reaccionar porque han visto que nos poden facer goles". Ademais fixo fincapé na necesidade dun cambio de actitude do equipo "temos que saír dunha forma distinta á que saímos no partido anterior, a actitude é fundamental para gañar fóra de casa".

En canto ao diferente rendemento en Riazor e fóra, o xogador afirmou "é evidente que os equipos como locais están máis confiados, máis seguros, arroupados pola súa xente pero temos que estar concentrados porque temos equipo para gañar en calquera lado".