RCD / NOVAS

Eneko Bóveda seguirá sendo xogador do Deportivo dúas campañas máis

29/09/2020 11:20

Eneko Bóveda Altube (Bilbao, Biscaia, 14 de decembro de 1988) continuará dúas temporadas máis nas filas do Deportivo.

Bóveda, que chegou ao Dépor no mercado invernal da Temporada 2017-2018, ampliou o seu contrato coa entidade coruñesa até o verán de 2022.

Nas súas dúas temporadas e media nas filas deportivistas, o lateral dereito ou central vasco xogou 64 encontros coa camiseta branquiazul, dos que 8 foron en Primeira División, 51 en Segunda, 3 de playoff de ascenso a Primeira e 2 de Copa do Rei.

Cabe destacar a ampla experiencia de Bóveda na Segunda División B, na que acumula 119 encontros, 30 co Bilbao Athletic e os outros 89 coa SD Eibar, coa que ademais logrou o ascenso a Segunda no curso 2012-2013.

Máis novas de: BÓVEDA