RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Irureta, no foro de adestradores

Javier Irureta parte este mediodía a Madrid para enlazar posteriormente con Xenebra (16.30) e participar mañá no Forum de Adestradores de Elite que organiza a UEFA para técnicos de equipos da liga de Campións. Irureta coincidirá con Vicente do Bosque no v

Os técnicos do oito clubs que chegaron a cuartos de final na tempada 2001-2002, isto é, ademais de Irureta, Del Bosque, Van Gaal, Ferguson, Houllier, Toppmoller, Fernando Santos e Hitzfeld. Ademais, Capello, Lippi, Heynckes asistirán por gañar a liga de Campións nalgunha edición desde 1994. Ancellotti, Koeman, Fatih Terim, Summers e Mourinho completan a lista, como técnicos de clubs que están na lista permanten dos 10 mellores segundo a UEFA.

No Foro debaterase sobre diversos temas de interese do fútbol actual. Así, o Gol de Ouro e a posibilidade de suspender a acumulación de Cartóns amarelos para a final da liga de Campións son puntos a tratar. Pero tamén falarán sobre a posibilidade de aumentar de 7 a 9 o número de xogadores no banco, do novo formato da Champions, os controis antidoping, a posibilidade de usar a un suplente máis en caso de prórrogas nos partidos, as novas normas en relación co balón e a posibilidade de unificar criterios para que o corte do céspede sexa igual en toda Europa.