RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucho García, novo porteiro do Dépor 20·21

Luis Alberto "Lucho" García Pacheco (Barranquilla, Colombia, 20 de marzo de 1998), converteuse hoxe en novo xogador do Dépor para as tres próximas temporadas. Procedente do Sevilla FC, defendeu a portería do filial as dúas últimas temporadas no grupo IV da Segunda División B. Ao cadro hispalense chegara desde o Rayo Vallecano, equipo ao que estivo vinculado desde 2012 en categorías inferiores.

Lucho García, con pasaporte hispano-colombiano e internacional en categorías inferiores polo seu país de orixe, ocupará unha das fichas sub-23 que esixe o regulamento de competición da categoría de bronce do fútbol español.