RCD / NOVAS

Mauro Silva: Lendoiro ofreceume a renovación estando lesionado de gravidade nun nocello

Mauro Silva é hoxe protagonista na páxina web da Uefa. O campión do mundo analiza, tras pasar uns días da súa retirada, o seu paso polo Real Club Deportivo. Di que se deu conta de que non podía vestir outra camiseta, comprende o adeus de Javier Irureta -"tivo unha traxectoria excepcional, aínda que a necesidade de cambiar é lei de vida e sempre chega, por desgraza"-, desvela que quedou no Deportivo porque sentiu identificado coa cidade e o club "e porque vía que o club se esforzaba economicamente, tratando de igualar a outros clubs importantes".

06/06/2005 12:57

Así mesmo, tamén definiu como "exquisito" o trato que recibiu do Consello de Administración do Deportivo e en especial do seu Presidente, Augusto César Lendoiro: "Ofreceume a renovación estando lesionado de gravidade nun nocello".

Máis novas de: MAURO SILVA